Descarga o PDF [AQUÍ 10MB]
O conxunto de actividades do Congreso quere servir para achegar ao público de todo o mundo á historia e ao pensamento dunha das mulleres máis singulars do seu tempo: Hildegart Rodríguez Carballeira. E malia fixar o obxectivo nunha única persoa, o Congreso quere contribuir de xeito xeral á recuperación da historia do pensamento feminino e dos movementos da liberación da muller no século XX.
Congreso
Venres, 5 de decembro
19:00 – 19:30 INAGURACIÓN DO CONGRESO
A cargo de representantes das entidades organizadoras e entidades colaboradoras: Comisión para a Recuperación da Memoria Historica da Coruña, Ateneo Ferrolán, e Marcha Mundial das Mulleres.19:30 – 21:00 CONFERENCIA INAUGURAL
- A cargo de Aurora Marco: “Romper barreiras. Voces femininas a comezos do XX".
Aurora Marco é profesora da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela e especialista na historia das mulleres na Galiza. Ten publicado os libros “As precursoras. Achegas para o estudo da escrita femenina (Galiza, 1800-1936)” (1993), “Mulleres e educación na Galiza. Vidas de mestras” (2002), “Mulleres na guerrilla antifranquista” (2011), e o seu monumental “Dicionario de mulleres galegas. Das orixes a 1975” (2007).
21:00 - 22:00 ACTUACIÓN MUSICAL
- Actuación musical por determinar
Sábado, 6 de decembro
10:00 – 11:15 PONENCIAS DOS TRABALLOS PRESENTADOS
- José Manuel Peláez Ropero – Mi hija Hildegart (Fernando Fernán Gómez, 1977). ¿Un filme inacabado?
- Martín Paradelo Núñez – A representación cinematográfica do corpo da muller no tempo de Hildegart
- Ana Muiña – Aurora de sangre. Vida y muerte de Hildegart. Introducción a la reedición del libro de Eduardo de Guzmán
11:30 – 12:45 PONENCIAS DOS TRABALLOS PRESENTADOS
- Lola Ferreiro Díaz – Republicanas de corazón, de cabeza e de corpo enteiro.
- Luz Darriba / Micaela Fernández Darriba – As netas de Olympia de Gouges, as fillas de Flora Tristán
13:00 – 14:00 PRESENTACION DA NOVELA
- “Entrada ao xardín do saber”, co seu autor Henrique Dacosta, presentado por Eduardo Fra Molinero
16:00 – 17:15 PONENCIAS DOS TRABALLOS PRESENTADOS
- Miguel Ángel Pradera – Una tarea pendiente: una bibliografía formal de Hildegart Rodríguez Carballeira
- Pablo Herrero Hernández – Hildegart Rodríguez Carballeira en el recuerdo y en los escritos del periodista y escritor republicano Luis Hernández Alfonso (1901-1979)
- Manuela Santalla López – Hildegart: ¿Una mujer-proyecto ferrolana?
17:30 – 18:45 PONENCIAS DOS TRABALLOS PRESENTADOS
- Kyra Kietrys – Archivo Hildegart
- Micaela Pattison – Hildegart como figura internacional
19:00 – 20:00 CONFERENCIA
- Rosa Cal – "Aurora una mujer con un proyecto de vida propio: Hildegart"
20:00 – 21:00 ACTUACIÓN MUSICAL
- Actuación musical por determinar
Domingo, 7 de decembro
10:00 – 11:15 PONENCIAS DOS TRABALLOS PRESENTADOS
- Eduard Masjuan – El neomalthusianismo anarquista y la cuestión social en Hildegart Rodríguez
- Lorena Cuevas Buján – Hildegart Rodríguez e Amparo Poch: a repercusión das ideas de reformismo sexual no anarcofeminismo dos anos 30
- Eusebio Lucía Olmos – El paso de Hildegart Rodríguez por la Casa del Pueblo Madrileña
11:30 – 12:45 PONENCIAS DOS TRABALLOS PRESENTADOS
- Monica Bar Cendón – Sexualidade e trampas da "diferencia" en Hildegart
- Josep María Roselló – Una mujer moderna: amor y sexo en el pensamiento de Hildegart
- Marga do Val – Por qué escribir unha obra de teatro sobre Hildegart
13:00 – 14:00 ROTEIRO E HOMENAXE POPULAR A HILDEAGART
16:00 – 17:15 PONENCIAS DOS TRABALLOS PRESENTADOS
- Miguel Ángel Pradera – Reflexiones para una adecuada contextualización histórica de Hildegart
- Jean-Louis Guereña – Hildegart y la reforma sexual en la Casa del Pueblo de Madrid
17,30 – 18,45 PONENCIAS DOS TRABALLOS PRESENTADOS
- Blanca Quintanilla – Hildegart, la aniquilación de una rebelde
- Olga Roig López – Aurora Rodríguez y Hildegart, dos vidas marcadas por la disciplina
- Guillermo Rendueles Olmedo – Aurora Rodríguez y su doble manicomial
19:00 RECITAL DE POESÍA
- Carmen Blanco – “Hildegarts vivas nas carballeiras: miles de mulleres para outras auroras”
- Actuación musical por determinar
21:00 CLAUSURA DO CONGRESO
Exposicións
En paralelo ao Congreso, haberá instaladas no Ateneo dúas exposicións relativas a Hildegart Rodríguez Carballeira:- Unha exposición de 16 paneis sobre a vida e a obra de Hildegart Rodríguez Carballeira, que fará un percorrido pola súa traxectoria vital e recollerá tamén noticia das 14 obras publicadas por Hildegart na súa vida, e doutra 14 obras feitas arredor da súa vida e obra, por outros autores, despois da súa morte.
- Unha exposición de obxectos sobre Hildegart Rodríguez Carballeira, con libros escritos por Hildegart, así como publicacións periódicas, documentos e obras relativas aos movementos nos que Hildegart estivo implicada.
Outros actos
Xoves, 4 de decembro
Na Coruña, a Casa Museo Casares Quiroga acollerá unha presentación do congreso o día 4 de decembro ás 20.00 horas, a cargo de representantes da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica e o Ateneo Ferrolán, entidades organizadoras da cita, e de algunha das investigadoras ou investigadores especializados na figura de Hildegart.Martes, 9 de decembro
No Ateneo de Madrid terá lugar un acto de homenaxe á pensadora e feminista Hildegart Rodríguez Carballeira o día 9 de decembro, ás 19.30 horas, organizado polo Ateneo Ferrolán, Ateneo de Madrid e a Cátedra de Memoria Histórica del Siglo XX da Universidad Complutense. Na capital española falarán representantes destas tres entidades así como a popular feminista Lidia Falcón.O acto quere lembrar que o día 9 do mes de decembro de 1914 tivera lugar o nacemento de Hildegart en Madrid, cidade onde desenvolveu a súa vida e onde foi asasinada o 9 de xuño de 1933.