O cerne do Congreso é o chamamento ás investigadoras e investigadores para contribuir cos seus traballos a este comicio, que artellamos arredor dalgúns dos temas que están presentes na obra de Hildegart Rodríguez Carballeira e tamén sobre o contexto no que desenvolveu a súa actividade:
- A figura histórica de Hildegart Rodríguez Carballeira
- Hildegart e a reforma sexual no primeiro tercio do século XX
- Hildegart e a oposición de esquerdas na II República
- As mulleres do tempo de Hildegart
O conxunto dos traballos de investigación presentados e aceptados polo comité científico do Congreso serán obxecto de presentación pública nos días 6 a 8 de decembro de 2014 e serán publicados nas actas do Congreso.
A celebración do Congreso estará complementada por outras actividades como exposicións, debates, cine e teatro, así como a celebración dun acto público de homenaxe á figura de Hildegart Rodríguez Carballeira. Tamén vanse facer publicacións e unha páxina web sobre o Congreso e sobre Hildegart.
O conxunto de actividades do Congreso queren servir para achegar ao público de todo o mundo á historia e ao pensamento dunha das mulleres máis destacadas da nosa historia: Hildegart Rodríguez Carballeira. E malia fixar o obxectivo nunha única persoa, o Congreso quere contribuir de xeito xeral á recuperación da historia do pensamento feminino e dos movementos da liberación da muller no século XX.
0 comentarios:
Publicar un comentario