miércoles, 9 de julio de 2014

Calendario: Envio de traballos

Presentación pública

  • 10 de xulio de 2014
  • Presentación pública do Congreso á prensa, institucións, e contacto cos investigadores e investigadoras para convidalos a participar no Congreso.


Peche do prazo de admisión de traballos ao Congreso

  • 15 de setembro de 2014
  • Nesta data todolas investigadoras e investigadores terían que ter presentado un resumo dos traballos que desexen presentar ao Congreso.


Peche do prazo de presentación de traballos para o Congreso

  • 1 de novembro de 2014
  • Nesta data todolas investigadoras e investigadores terían que ter presentado o texto completo dos seus traballos para o Congreso.


Celebración do Congreso

  • 6 a 8 de decembro de 2014
  • Nesta semán levarianse adiante todolos actos do Congreso, tanto os principais como outros que poidan celebrarse de xeito paralelo.
Publicado por: Unknown - 5:16

Calendario: Celebración do Congreso


Do 6 a 8 de decembro de 2014.

Actividades:
  • Presentación de traballos de investigación sobre o tema.
  • Debates e mesas redondas.
  • Recitais musicais e poéticos, exposicións artísticas, bibliográficas ou fotográficas.
  • Acto final de homenaxe e lembranza a Hildegart.
Distribución das sesións:
  • Venres 5 de decembro - Tarde
  • Inauguración - Conferencia inaugural 
  • Sábado 6 de decembro - Mañán
  • Hildegart e a reforma sexual no primeiro tercio do S. XX
  • Sábado 6 de decembro - Tarde
  • A figura histórica de Hildegart Rodríguez Carballeira
  • Domingo 7 de decembro - Mañán
  • Hildegart e a oposición de esquerdas na II República
  • Domingo 7 de decembro - Tarde
  • As mulleres do tempo de Hildegart
  • Luns 8 de decembro - Mañán
  • Homenaxe a Hildegart Rodríguez Carballeira
O conxunto de actividades públicas iría acompañado, pola publicación das actas dos traballos científicos presentados ao Congreso.
Publicado por: Unknown - 5:09

martes, 8 de julio de 2014

A figura de Hildegart Rodríguez Carballeira

A figura de Hildegart Rodríguez Carballeira (1914-1933) é unha das máis coñecidas da nosa historia contemporánea. Sobre a súa persoa teñense feito películas, novelas, obras de teatro e numerosos libros e traballos de investigao que se ten feito sobre ela paira a sombra do seu tráxico fin e as circunstancias do asesición. En todo nato pola man da súa nai, a ferrolá Aurora Rodríguez Carballeira; como consecuencia, a súa traxectoria vital e o seu pensamento no eido da reforma sexual ou da crítica política, ficaron en parte ocultos. Cen anos despois do seu nacemento, tentamos lembrar á Hildegart sexóloga, xornalista, activista política ou feminista, coa celebración dunha serie de actos de homenaxe e un congreso de investigación que poña en valor a súa figura histórica e o seu pensamento, todo o lonxe que sexa posible do sensacionalismo e da superficialidade.

O cerne do Congreso é o chamamento ás investigadoras e investigadores para contribuir cos seus traballos a este comicio, que artellamos arredor dalgúns dos temas que están presentes na obra de Hildegart Rodríguez Carballeira e tamén sobre o contexto no que desenvolveu a súa actividade:

  • A figura histórica de Hildegart Rodríguez Carballeira
  • Hildegart e a reforma sexual no primeiro tercio do século XX
  • Hildegart e a oposición de esquerdas na II República
  • As mulleres do tempo de Hildegart

O conxunto dos traballos de investigación presentados e aceptados polo comité científico do Congreso serán obxecto de presentación pública nos días 6 a 8 de decembro de 2014 e serán publicados nas actas do Congreso.

A celebración do Congreso estará complementada por outras actividades como exposicións, debates, cine e teatro, así como a celebración dun acto público de homenaxe á figura de Hildegart Rodríguez Carballeira. Tamén vanse facer publicacións e unha páxina web sobre o Congreso e sobre Hildegart.
O conxunto de actividades do Congreso queren servir para achegar ao público de todo o mundo á historia e ao pensamento dunha das mulleres máis destacadas da nosa historia: Hildegart Rodríguez Carballeira. E malia fixar o obxectivo nunha única persoa, o Congreso quere contribuir de xeito xeral á recuperación da historia do pensamento feminino e dos movementos da liberación da muller no século XX.
Publicado por: Unknown - 4:10